COLECCIÓN EQUILIBRIO
COLECCIÓN FORMAS
COLECCIÓN TRENZADO
NOVIDADES
DESCOBRE AS NOSAS ÚLTIMAS CREACIÓNS
XOIAS PERSONALIZADAS
En Brigantia Orfebres podemos axudarche a transformar as túas ideas en pezas moi especiais. Se levas tempo buscando unha xoia feita a túa medida, estás no lugar axeitado.
Traballaremos contigo no deseño ata dar co que realmente buscas. Asesorarémoste na elección dos materiais e elaboraremos a túa xoia co coidado e o detalle que merece.
Cada peza personalizada é única. Feita a man e cargada de valor sentimental; unha historia convertida en xoia.
Contacta con nós para contarnos a túa idea e enviarémosche un orzamento sen compromiso.


A artista detrás de Brigantia
ALMA DE ORFEBRE
O meu nome é Nuria Prado-Loureiro e son a artista detrás de Brigantia Orfebres.
Dende moi nova tiven claro que me gustaba traballar coas mans e con 19 descubrín a miña paixón: o mundo da ourivería.
No meu traballo emprego as técnicas tradicionais da xoiería galega, aplicándoas a deseños actuais para crear xoias e outros complementos. Emprego principalmente ouro e prata, aínda que tamén traballo con outros elementos naturais como pedras preciosas e semipreciosas, perlas, acibeche…