CURSOS
En Brigantia Orfebres queremos compartir a nosa paixón polo oficio da ourivería. Ofrecemos cursos de diferentes duracións e niveis, para que calquera poida achegarse a descubrir as téncias artesanais da creación de xoias.

CURSOS DE INICIACIÓN Á XOIERÍA
Son cursos programados dunha duración determinada (8 horas, 10 horas, 12 horas…). É o alumno quen decide cantas horas quere dedicar, pero debido á complexidade das técnicas, nunca recomendamos cursos de menos de 8 horas.
Adaptamos os proxectos dos cursos en función do número de horas. Así, os alumnos teñen a oportunidade de coñecer como é un taller de xoiería e o seu funcionamento e realizar unha peza de principio a fin, que poden levar á casa. En cada curso apréndense as técnicas básicas de xoiería: segueteado, texturizado, soldado, pulido…
O prezo é de 18€/hora por persoa. Nesta tarifa está incluída a aprendizaxe, o acompañamento e asesoramento, a dispoñibilidade do taller coas súas ferramentas e maquinarias e o material para realizar as pezas*.
*As pezas realízanse en cobre, latón ou alpaca. Existiría a posibilidade de traballar en prata ou ouro, pero estes materiais cobraríanse aparte.
El precio es de 18€/hora por persona. En esta tarifa está incluido el aprendizaje, el acompañamiento y asesoramiento, la disponibilidad del taller con sus herramientas y maquinarias y el material para realizar las piezas*.
*Las piezas se realizan en cobre, latón o alpaca. Existiría la posibilidad de trabajar en plata u oro, pero estos materiales se cobrarían aparte.
MONOGRÁFICOS DE TÉCNICAS CONCRETAS
Cursos para aprender e afondar nunha técnica de xoiería. Por exemplo: esmaltes en frío, fundición en terra Delph…
Para ter máis información sobre estes cursos monográficos, contacta con nó e séguenos nas redes sociais, onde te manteremos ao día.
TALLERES PARA EVENTOS
Organizamos actividades para grupos reducidos fóra do noso taller. Poden ser infantís ou para adultos.
Se estás interesado nesta actividade, cóntanos a túa idea e pídenos máis información.

VALE REGALO
Queres regalar un curso para coñecer o mundo da xoiería dende dentro e realizar unha peza propia? Co noso vale regalo acertarás seguro. Contáctanos!