XOIAS PERSONALIZADAS
XOIAS PERSONALIZADAS
Axudámosche a facer realidade esa xoia que tes en mente e que non atopas.
Traballaremos contigo no deseño, ata dar coa peza perfecta. Asesorarémoste na elección dos materiais e crearemos unha xoia personalizada, totalmente á túa medida e ao teu gusto. O resultado será unha xoia cargada de valor sentimental.
Contáctanos e cóntanos a túa historia. Prepararémosche un orzamento sen compromiso!












VODAS ÚNICAS
Realizamos xoias personalizadas para vodas e enlaces. Todas as pezas que realizamos para este tipo de eventos son exclusivas. Para iso, traballamos de forma personalizada con cada parella, noiva/o ou convidada/o. O obxectivo é crear un deseño único, que se adapte ao seu gusto, orzamento e necesidades. .
Estes son algúns traballos realizados para parellas que xa confiaron en Brigantia Orfebres para o seu gran día.
COMPROMISO
NOIVOS CON ESTILO
COMPLEMENTOS PERFECTOS
PARA CONVIDADOS
OUTROS TRABALLOS
Como traballamos con metais, podemos crear moito máis que xoias. Tamén deseñamos, creamos e restauramos outro tipo de obxectos, como elementos decorativos para exposicións e eventos concretos.
Consúltanos!